gatoroca

  • Novembro 2008
    D L M M X V S
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  
  • Categorías

  • Arquivos

  • Visitas

    • 998 visitas

Archive for Novembro 2008

Letra de cambio

Posted by gatoroca o 14 Novembro 2008

A letra de cambio é un documento mercantil polo que unha persoa, librador, ordena a outra, librado, o pago dunha determinada cantidade de diñeiro, nunha data determinada ou de vencimiento.

O pago da letra de cambio pódese realizar ao librador ou a un terceiro chamado beneficiario, tomador ou tenedor, a quen o librador transmitiu ou endosado a letra de cambio.

No seguinte enderezo podes atopar información sobre a letra de cambio e na presentación uns esquemas sinxelos que che axudarán a entender a mecánica deste documento mercantil.

Posted in Xestión Financeira | Leave a Comment »

As funcións VNA e TIR de Excel

Posted by gatoroca o 9 Novembro 2008

As funcións VNA e TIR permiten calcular o Valor Actual Neto e Taxa Interna de Retorno, respectivamente, dun investimento cando os vencimentos son periódicos.

VNA

Calcula o valor actual dun investimento a partir dunha taxa de xuro e unha serie de pagos (valores negativos) e cobros (valores positivos).

Sintaxe

VNA(taxa;valor1;valor2; …)

Taxa é a taxa de xuro ao longo do período.

Valor1, valor2, …    son de 1 a 29 argumentos que representan os pagos e cobros.

TIR

A Taxa interna de retorno equivale a taxa de interese producida por un proxecto de investimento con pagos  e cobros que ocorren en períodos regulares

 Sintaxe

TIR(valores;estimar)

Valores   é unha matriz de celdas que conteñen os números para os que se desexa calcular a taxa interna de retorno. 

Estimar    é  un número que  o usuario estima que se aproximará a TIR. É un campo optativo.

No seguinte video titorial podes ver a través dun exemplo como funcionan as dúas funcións de Excel.

Posted in Xestión Financeira | Leave a Comment »

Seleccións de investimentos

Posted by gatoroca o 3 Novembro 2008

caminos
O investimento pódese definir como “aquel acto mediante o cal ten lugar o cambio dunha satisfacción inmediata e certa á que se renuncia, por unha esperanza que se adquire e da cal o ben invertido é o soporte”.
Dito de outra forma, supón renunciar a uns recursos dos que se pode disfrutar agora, por unha esperanza de recompensa futura. Exemplos: Abrir unha nova planta de producción, comprar unha nova máquina, renovar as instalacións.
Os investimentos poden clasificarse de distintas maneiras.
1. Atendendo a súa función: investimenos de expansión, de renovación, extratéxicas, etc.
2. Atendendo a súa duración: a curto prazo e a longo prazo.
3. Atendendo a relación existente entre si: inversións independentes, complementarias ou sustitutivas.
Na seguinte presentación podes atopar axudas sobre estes e outros conceptos relativos aos investimentos.

Posted in Xestión Financeira | Leave a Comment »