gatoroca

  • Novembro 2008
    D L M M X V S
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  
  • Categorías

  • Arquivos

  • Visitas

    • 998 visitas

As funcións VNA e TIR de Excel

Posted by gatoroca o 9 Novembro 2008

As funcións VNA e TIR permiten calcular o Valor Actual Neto e Taxa Interna de Retorno, respectivamente, dun investimento cando os vencimentos son periódicos.

VNA

Calcula o valor actual dun investimento a partir dunha taxa de xuro e unha serie de pagos (valores negativos) e cobros (valores positivos).

Sintaxe

VNA(taxa;valor1;valor2; …)

Taxa é a taxa de xuro ao longo do período.

Valor1, valor2, …    son de 1 a 29 argumentos que representan os pagos e cobros.

TIR

A Taxa interna de retorno equivale a taxa de interese producida por un proxecto de investimento con pagos  e cobros que ocorren en períodos regulares

 Sintaxe

TIR(valores;estimar)

Valores   é unha matriz de celdas que conteñen os números para os que se desexa calcular a taxa interna de retorno. 

Estimar    é  un número que  o usuario estima que se aproximará a TIR. É un campo optativo.

No seguinte video titorial podes ver a través dun exemplo como funcionan as dúas funcións de Excel.

Deixar un comentario